Menos traballos galegos nun Redondela en Curto que bate marcas de participantes

O festival recibe 700 curtametraxes, cen máis que en 2013

20/3/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A nova edición de Redondela en curto está marcada por un incremento no número de traballos recibidos. En total recibiron arredor de 700, cen máis que na anterior edición. No entanto, deles só un 3% son galegos, segundo publica hoxe Atlántico Diario. Con todo, a presenza galega está garantida na selección final, que escolmará 16 traballos para selección oficial competitiva. Entre as novidades desta edición, que sufre un retroceso orzamentario semellante ao da primeira edición (14.000 euros), destaca que o certame se abre á cidadanía, con proxeccións en establecementos de hostalería. A cita é do 24 ao 27 de abril.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redondela, Atlántico

Claves