Redondela acurta a duración do festival de curtas con maior participación

Redúcese notablemente a participación de traballos galegos

22/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Menos é máis. Isto deberon pensar desde oi festival de curtametraxes de Redondela que este ano tiveron que recurtar a programación, malia recibir 50 traballos máis que na anterior edición. ¿Os motivos? A crise económica que reduciu os patrocinios e fixo que o encontro se reduza a 4 días (do 22 ao 25 de abril). Madrid, Barcelona, País Vasco son os lugares dos que recibiron o maior número de traballos e nos que destaca o descenso da presenza galega (só recibiron 5 curtas, cando o habitual era recibir uns quince traballos). Entre as novidades destaca a sección “curtos alternativos”, que aínda está por definir.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redondela, País Vasco, Barcelona, Madrid