Na tarde do xoves 13 tivo lugar unha xuntanza ordinaria do plenario do Consello da Cultura Galega. Entre os principais acordos adoptados destaca a aprobación dun informe favorable á declaración como Ben de Interese Cultural(BIC) das coleccións artÃsticas e documentais das antigas caixas galegas. O CCG entende que son coleccións indivisibles. Ademais, produciuse a renovación de parte dos seus membros, en cumprimento do fixado na Lei de creación da institución. Os cambios deixan dúas renovacións, as de Carlos GarcÃa MartÃnez, representantes do Consello Galego de Museos, e a de Ramón Yzquierdo PerrÃn pola Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. Ademais, houbo novas incorporacións: a de Xesús Alonso Montero, por designación da Real Academia Galega; a de Xosé LuÃs Armesto Barbeito como un dos representantes das universidades; as de Isidro GarcÃa Tato no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento; e Rafael Rojo Sierra representará á Real Academia Galega de Ciencias. Son as entidades que conforman o pleno as que designan á persoa que as represente no Consello da Cultura Galega.