Cultura mantén a contía das axudas á tradución

A liña está dotada con 200.000 euros para o bienio 2014-2015

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

As axudas á tradución que convoca a Consellaría de Cultura manteñen a súa contía para o bienio 2013-2014. En total, distribuirase un máximo de 200.000 euros entre os proxectos seleccionados, dos cales un 60% investirase en traducións doutras linguas para o galego e o 40% restante en versionar obras da nosa lingua noutros idiomas. Por anos, en 2014 a orde prevé unha partida de 90.000 euros e para 2015 outra de 110.000. Os proxectos que se presenten a esta convocatoria poderán recibir un máximo de 6.000 euros cada un.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Lingua galega

Claves