Reclaman a Boiro a musealización das pezas recompiladas pola asociación O Faiado 2

A asociación disolveuse despois de quince anos de actividade

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Non é habitual que se disolva unha asociación cultural, e menos unha cunha programación tan dinámica coma O Faiado 2, de Boiro. Pero o traslado de residencia da súa presidenta e a ausencia de substitutos foi a causa da súa disolución a principios deste ano. O Faiado centrárase na recuperación cultural da comarca e iso significou que colleitou numerosísimos obxectos coma os primeiros televisores que chegaron á comarca, reclinatorios e útiles mariñeiros ou labregos que foran restaurados. Agora, os veciños de Boiro reclaman que se musealicen estes fondos nalgunha dependencia municipal.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Boiro

Claves

Lugares