Corenta e cinco intelectuais forman a asociación Redes Escarlata

Redes novas

Cunha presentación pública en Compostela o pasado venres dábase a coñecer Redes Escarlata, unha asociación socio-cultural na que participan algúns dos nomes máis destacados da intelectualidade galega. Desde un punto de vista crítico, nacionalista e de esquerdas, o novo grupo pretende dar unha nova visión da cultura galega. Entre os nomes que asinan o manifesto fundacional atopamos nomes tan destacados coma Xosé Luis Méndez Ferrín, Antón Santamarina, Chus Pato ou Francisco Fernández Rei entre outros.

Manifesto


O manifesto fundacional desta nova asociación sinala a "situación degradante das organizacións políticas e sociais" e defínen Redes Escarlata coma "colectivo soberanista de intervención social e política" organizada coma "asociación socio-cultural ou barco de pedra". Ademais, no manifesto destácase o rexeitamento do grupo á globalización e ó imperialismo, avogando polo internacionalismo e a busca da autodeterminación de Galicia. Outros aspectos que recollen son a concepción do planeta coma un todo, a necesidade de dignificar o traballo, a integración dos inmigrantes e dos emigrantes retornados, ademais da liberdade de opcións sexuais.












Un nome, moitos nomes

O nome da nova asociación está sacada da novela de Méndez Ferrín "Bretaña, Esmeraldina", na que un grupo de presos organizado para prepar fugas leva este nome. Entre os fundadores da nova asociación podemos atopar nomes destacados no noso mundo cultural coma Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana, Xosé Antón Dobao, Francisco Fernández Rei, Antón Figueroa, Carme Hermida, Gustavo Luca de Tena, Chus Pato, Francisco Macías ou Antón Santamarina entre outros.