A auga protagoniza a nova exposición da Cidade da Cultura

Auga Doce poderá verse do 21 de marzo ao 14 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
A auga protagoniza a nova exposición da Cidade da Cultura

Setecentas obras de arte inspiradas pola auga compoñen a nova exposición do Museo Centro Gaiás, que se inaugurará o vindeiro 21 de marzo. A Consellaría de Cultura presentaba esta mañá Auga Doce, un proxecto que reúne traballos de 130 espazos de arte internacionais e galegos da man de David Hockney, Gerhard Richter, Mario Merz, Louise Bourgoise, Martín Chirino, Chema Madoz, Piranesi, John Constable, Henry Lewis ou Audubon.

Canda ás obras internacionais, o proxecto amosará tamén a creación de autores galegos como Francisco Leiro, Manolo Paz, Acisclo Manzano, Elena Colmeiro, Jorge Perianes, Andrea Jambrina, Rubén Ramos Balsa ou Eugenio Granell entre outros, a explorar a relación do noso país coa auga.

O proxecto, segundo destaca a Xunta, foi financiado integramente mediante patrocinios privados, e a súa coordinación correu a cargo da propia Fundación Cidade da Cultura. O proxecto abrirá as súas portas o vindeiro 21 de marzo e poderá visitarse ata o 14 de setembro.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Centro Gaiás, Manolo Paz, Rubén Ramos Balsa, Acisclo Manzano...