Un colectivo formado por artistas galegos desenvolve en Santiago un proxecto relacionado coa auga

Arte pasada por auga

Tres cuartas partes do planeta son auga e esa mesma proporción repítese tamén no corpo de cada un de nós. É un elemento esencial para a supervivencia e tamén a tese na que se asenta unha exposición e varias intervencións que se desenvolven estes días en Santiago. O proxecto chámase “Resistente á auga” e é o primeiro traballo que fai en Galicia un colectivo madrileño que se chama Feedback.

A paradoxa de “Resistir á auga” implica outra maior. A de rexeitar o líquido elemento por excelencia pero, ao mesmo tempo inspirarse nel para crear obras de arte. Antón Cabaleiro, un dos promotores e coordinadores do proxecto explica que “buscamos algo da nosa cotidianeidade para inspirar os nosos traballos”. E a auga, omnipresente en todas as ordes da vida, foi a que os inspirou. De aí xorde “un proxecto que olla para o esforzo dos artistas por buscar cousas na vida diaria que inspiren os seus traballos de intervención”.

Aproveitar os traballos
A idea foise perfilando polos galegos Eva Mendoza e Antón Cabaleiro e a madrileña Estefanía de La Torriente, que foron buscando artistas que tiveran traballado o tema da auga en múltiples campos. Antón asegura que “escollemos traballos de xente que reflexionara nesa liña, é dicir, que a súa obra xa tiñan como temática a auga. Era o caso de artistas que pintaran depósitos de auga ou outros, como Rubén Santiago, que fan unha máquina para reciclar auga, para coller auga e aproveitar os recursos”. Con todos eses traballos montaron unha exposición que se pode ver ata o 15 de xaneiro en Santiago, na Aula de Cultura de Caixa Galicia (Carreira do Conde, 18).

Baixo o título “Resistentes á auga” agóchanse dezaseis artistas emerxentes entre os que hai varios nomes galegos: Carlos Maciá (Lugo, 1977), Rubén Santiago (Lugo, 1974) ou Isaac Cordal (Pontevedra, 1974). Na nota de prensa explicativa do proxecto destacan que “nesta exposición interpretamos a auga como elemento en si mesmo, como un recurso e, asemade, como alegoría dun sistema estruturado en fluxos”. Ademais, para eles “quizais unha das maiores dificultades coas que se enfronta un artista sexa esta mesma, a de "resistir" ao cotián e ao fluxo do anódino. Resistir a unha realidade á que facilmente nos habituamos e da que, en ningún momento, somos enteiramente conscientes”.

Santiago, cando a chuvia é arte
A elección de Santiago non foi casual, como di Antón, “Santiago ten de sempre unha relación especial coa auga, por iso o proxecto tiña aquí todo o seu sentido”. Por iso, ademais da exposición, os promotores quixeron facer un par de intervencións especiais en coñecidos espazos públicos da capital de Galicia. A primeira delas tivo lugar onte e sucedeu na Praza do Toural. Era un proxecto de Fernando Rubio que leva un tempo facéndoo por diferentes cidades e diferentes fontes e espazos que se chama “Deixar pegada”. “Neste proxecto, explica Antón, a xente o que fai é deixar a súa pegada en forma de rosa”. O procedemento é o seguinte “Fernando ten cera tibia de cor vermella na que a xente que chega mete os dedos na cera tibia e logo na auga. Así, a cera solidifícase ao entrar en contacto coa auga e queda coa forma dos dedos que lembra ao dunha flor. A xente vai enchendo as fontes coas súas pegadas. É un proxecto que ten vida na participación da xente”.

A intervención de hoxe terá lugar na Praza das Camelias e, o equipo que coordina “Resistente á auga”, ten previsto que se poidan suceder noutras cidades de Galicia. “Estamos traballando para que a mostra poida itinerar, pero aínda non temos nada seguro” apunta Antón.

O proxecto rezuma auga por todos os lados incluso polos máis insospeitados. Financia o proxecto Aguagest que, como di Antón, “traballa coa auga pero doutro xeito”. Unha vía de financiamento pouco usual pero que puxo poucos problemas. “Implicáronse co proxecto e participaron desde o primeiro momento, explica Antón que explica que houbo outras empresas involucradas como Oviga e Neorsa e a obra social de Caixa Galicia.

Conexión Galicia
Feedback é, segundo figura no seu sitio web, unha asociación para a mediación cultural que nace coa intención de apoiar e promover propostas artísticas contemporáneas. Unha iniciativa na que atendendo a la natureza das creacións se teñen en conta os distintos modos de relacionarse o artista, a obra e o espectador.
En todo caso é o primeiro espazo que Espaciofeedback monta en Galicia. “Non é o primeiro que se pode ver en Galicia pero si é o primeiro que facemos fisicamente aquí” puntualiza Antón. É dicir, é o primeiro proxecto que se fai fisicamente no noso país, pero o seu traballo pódese ver tamén a través doutras vías. “A nosa filosofía é a de non cinguirnos ao espazo dunha sala de exposición e, aínda que ás veces facemos mostras ao uso, preferimos aproveitar outros espazos. Temos un programa en “La Otra” en Telemadrid, un espazo virtual que nós lle cedemos aos artistas e que se pode ver de plataformas de televisión dixital que, por iso se poden seguir dese aquí”.

“Resistentes á auga é o primeiro proxecto pero a nós gustaríanos desenvolver moitos máis” explica Antón. El é de Santiago de Compostela e, aínda que non vive aquí, procura que en Feedback se teña en conta as cousas que se fan en Galicia. “Dentro da asociación hai dous galegos; por iso estamos pendentes coa xente de Galicia que está en Madrid ou en Barcelona, á que chamamos para moitos contactos”.

Agora ben, a auga se escorre, nace e evoluciona. Haberá que ver se a súa resistencia lles permite artellar novos proxectos no país.

Resistente á auga

Resistente á auga

Imaxe que se pode ver ata o 15 de xaneiro na exposición “Resistente á auga” (Aula de Cultura de Caixa Galicia. Carreira do Conde, 18. Santiago)