Redondela convocará o Premio Blanco Amor de novela

Pide cambios na normativa para garantir a supervivencia do histórico certame

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Premio Blanco Amor convocarase, este ano, in extremis, grazas á decisión do concello de Redondela de asumir a organización do evento. Os tres concellos aos que lles correspondería este ano "renunciaron a esta reponsabilidade, xa que foran anfitrións do premio en ocasións anteriores", afirma La Voz de Galicia. O concello de Redondela propón cambiar as bases para asegurar futuras edicións: adiantar o sorteo no que se elixe a entidade organizadora ou cambiar o sistema de cotas de forma proporcional, así como crear un centro de documentación do certame para facilitar a organización de edicións futuras.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Redondela, La Voz de Galicia