Chega o Galician Connection 2014

O encontro formativo que se entre o 4 e o 6 de abril reflexionará sobre as artes a educación

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Chega o Galician Connection 2014

A Cidade da Cultura acollerá entre o catro e o seis de abril a terceira edición do Galician Connection, o programa formativo para músicos que organiza a Consellaría de Cultura. O encontro que coordina Cristina Pato contará nesta xeira coa participacion de Carles Benavent, mestre do baixo eléctrico, o compositor e clarinetista Kinan Azmeh e mais o harpista Edmar Castañeda. Pola banda galega participan no encontro o pianista Abe Rábade, a cantante Najla Shami e mais o percusionista e educador musical Carlos Castro.

Os interesados en participar compartirán durante o evento os seus coñecementos cos músicos convidados para rematar o ciclo cun concerto. Ademais, o día 4 celebrarase a Xornada Educa, un encontro dedicado a reflexionar sobre a presenza das artes nos sistemas educativos.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Cristina Pato, Abe Rábade, Najla Shami...