Dúas obras galegas entran na lista de honra do IBBY

Contos por teléfono e Palabras de auga acadaron este recoñecemento internacional

A lista de honra IBBY, cosiderada unha referencia internacional na Literatura Infantil e Xuvenil, conta na súa nova edición con dúas obras editadas en Galicia. Palabras de auga, de Marcos Calveiro e publicada por Xerais, foi seleccionada dentro da modalidade de escritores. De xeito paralelo, a versión en galego que fixo para Kalandraka Carlos Acevedo dos Contos por teléfono de Gianni Rodari foi seleccionada no apartado de traducións. As dúas obras eran as únicas galegas que a Organización Española para o Libro Infantil propuxera para a lista.