O Festival Miradas de Mulleres desembarca en Galicia con 28 sedes

O encontro inaugurará a súa programación no noso país o vindeiro 8 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Festival Miradas de Mulleres desembarca en Galicia con 28 sedes

Por vez primeira o festival Miradas de Mulleres, que promove a nivel estatal o colectivo Mujeres en las Artes Visuales, desenvolverá en Galicia parte do seu programa. Paula Cabaleiro é a responsable de coordinar o desembarco da iniciativa, que chega ao noso país con nada menos de 28 sedes entre galerías, museos e institucións. No programa alternan exposicións individuais e colectivas, proxeccións, coloquios ou xornadas. Aínda que as actividades arrincan xa o 6 de febreiro coa exposición Xénero e artes visuais en UVigo, na Sala X de Pontevedra, o acto inaugural desenvolverase o vindeiro 8 de marzo na sede da Deputación de Lugo.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Artes Visuais, Xénero, Museos...