Debates e xornadas en museos e bibliotecas

Pop Art Museum

A cultura popular e as bibliotecas de arte son os temas principais que se abordan estes días. E cada un destes debates céntrase en espacios diferentes. En primeiro lugar, o Museo do Pobo aborda os recursos didácticos para os docentes nas "II Xornadas de Cultura Popular". E por outra banda, en Pontevedra celebra por primeira vez unha nova edición do Encontro de Bibliotecas de Arte en Galicia.

Educando na cultura popular


Durante dous días San Domingos de Bonaval celebra as "II Xornadas de Cultura Popular". Unhas xornadas que pretenden transmitir e difundir as poibilidades didácticas que ofrecen os museos. Tomando o relevo do ano pasado, que se centrou na música tradicional, este ano os protagonistas son os xogos populares e a tradición oral. Ademais, aproveitarán estas xornadas para dar a coñecer o proxecto europeo "Cultura lúdica nas nosas comunidades", centrándose sobre todo, en consideracións de antropoloxía e patrimonio cultural. Estas xornadas están organizadas polo Museo do Pobo Galego en colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega.












IX Encontro de Bibliotecas de Arte


E desde onte celébrase o IX Encontro de Bibliotecas de Arte de España e Portugal. Unha edición que por primeira vez xunta ós bibliotecarios nunha cidade galega. Polo demais, o foro formado por bibliotecarios, pretende servir como punto de unión entre os intereses deste colectivo. Estas xornadas inclúen, ademais de grupos de traballo, visitas guiadas polo CGAC, unha das "Bibliotecas de Arte" galegas. Nestas conferncias inclúese tamén o punto de vista dos arquitectos, como deseñadores dun mobiliario e dun espacio para crear un entorno.