O XI Premio Pura e Dora Vázquez de Narrativa, que convoca a Deputación de Ourense, foi para Luis Antonio Pérez pola súa obra O trasno de Bóveda e a chave máxica. O xurado destacou "o despregue imaxinativo e a súa adecuación tanto para o público infantil como xuvenil" do libro gañador. O galardón, dotado con 1.500 euros en metálico, completarase coa convocatoria do premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración. Os interesados en participar recibirá unha copia do traballo de Pérez e deberán facer as súas propostas para ilustrar, opotando a outro galardón de 1.500 euros.