Milladoiro encabezará o cartel do XXX Festival de Ortigueira

O evento celebrarase entre o 17 e o 20 de xullo e inicia unha nova etapa

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira quere iniciar unha nova etapa a coincidir coa súa trixésima edición. Segundo anunciou onte en FITUR o alcalde da vila, Rafael Girón, Milladoiro voltará ao evento este ano como un dos pratos fortes do cartal. Ademais, o festival muda a súas datas e celebrarase entre o 17 e o 20 de xullo con vistas a se adaptar ao calendario universitario. Sen concretar máis novidades, o alcalde sinalou que o evento manterá a gratuidade, o "espírito libertario" e a calidade musical que o caracterizan.