Xerais convoca os seus galardóns literarios

Recupera o galardón dedicado a literatura xuvenil e reduce a contía do de narrativa

15/1/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Os premios Xerais, considerados entre os máis prestixiosos da narrativa galega, acaban de abrir as súas novas edicións. A editorial publica no seu blog as bases destas convocatorias, e achega como grande novidade a recuperación do Premio de Literatura Xuvenil. Logo de desaparecer o pasado ano coa retirada do patrocinio da Fundación Caixa Galicia, o certame muda o seu nome para Premio Jules Verne e acada a sexta edición cun premio de 10.000 euros baixo o patrocinio do Ámbito Cultural de El Corte Inglés. A contía repítese para o XXXI Premio Xerais de Narrativa, que reduce así en 5.000 euros a súa dotación, e mais para o Merlín de Literatura Infantil, que chega este ano á súa XXIX edición.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Literatura, Jules Verne, Caixa Galicia...

Claves

Protagonistas