A Igrexa asumirá a reparación do santuario da Virxe da Barca

Os custos da reparación roldan os 800.000 euros

8/1/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
10 lecturas | Compartido 0 veces
As reparacións do santuario da Virxe da Barca logo do incendio que o calcinou o pasado 25 de decembro serán sufragadas pola Igrexa. Aínda que nun comezo se barallou a posibilidade de que fose a Xunta a responsable da reparación, o Arcebispado de Santiago adiantou onte que asumirá estes custos, calculados nuns 800.000 euros. A Xunta, no entanto, asumirá o custo do proxecto construtivo, cifrado en 36.000 euros. O santuario dispuña dun seguro que previsiblemente cubrirá 500.000 euros dos traballos.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves