O incendio do santuario da Barca remata coa imaxinería relixiosa do templo

A romaría de Muxía era un dos puntos de finalización do Camiño de Santiago e un espazo emblemático

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Un incendio rematou onte con boa parte da imaxinería relixiosa do santuario da Virxe da Barca, en Muxía, lugar de celebración dunha das máis emblemáticas romarías de Galicia. O incendio, debido a un raio, prendeu na mañá do 25 de decembro, queimou o interior do templo arrasando pezas moi relevantes coma un retablo feito por Miguel de Romay en 1717, e compromete a estabilidade da bóveda. Dáse a circunstancia de que o templo foi recentemente restaurado por un custe de 400.000 euros. Con todo, a virxe gótica do santuario non foi afectada, xa que está localizada noutro espazo por cuestións de seguridade. O Conselleiro de Cultura visitará esta tarde o santuario.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muxía, Camiño de Santiago

Claves

Lugares