Cantos na Maré completa a súa programación

Os concertos do día 11 compleméntanse con actividades didácticas

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Cantos na Maré completa a súa programación

A edición máis lírica e intimista de Cantos na Maré, que se celebra o vindeiro 11 de setembro, contará con actividades de formación paralelas. Unha charla musicada de Amancio Prada o día 10, un encontro con Uxía, Najla Shami, Marina Seoane e Ainoa Calvo o 9 e unha sesión formativa para estudantes de imaxe e son son algunhas das propostas que se desenvolven arredor do recital. Amancio Prada, Vitor Ramil, Gabriela Mendes, Luiz Caracol e Budiño, acompañados como é habitual por Uxía, na dirección artística e por Paulo Borges na musical, compoñen o cartel desta nova edición. Precisamente Ramil presentará o seu novo traballo, o disco e o songbook Foi non mês que vem na compostelá Casa das Crechas o 8 de xaneiro.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Maré, Budiño, Najla Shami, Casa das Crechas

Claves

Protagonistas