Cúmprense cen anos do pasamento de Víctor Said Armesto

Conferencias, un simposio e un documental lembrarán o traballo deste investigador

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Víctor Said Armesto. Fotografía do Museo de Pontevedra

Víctor Said Armesto. Fotografía do Museo de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, o Museo do Pobo Galego e a Fundación Barrié coordinan o programa que, ao longo de 2014, conmemorará o centenario do pasamento de Víctor Said Armesto. Poeta, político, folklorista e primeiro catedrático de literatura galego-portuguesa, Said Armesto protagonizará no Museo de Pontevedra un ciclo de conferencias e un documental realizado por Xosé Antonio Durán. Pola súa banda, a Fundación Barrié e o Museo do Pobo coordinarán un simposio científico no que investigadores de todo o país abordarán as distintas facetas deste persoeiro. Concertos e actividades didácticas aínda por desvelar completarán as propostas para o vindeiro ano arredor desta efeméride.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Fundación Barrié, Antonio Durán, Literatura...