A obra máis universal do escritor irlandés James Joyce (DublÃn 1882 - 1941), Ulises , que marcou o paso da nóvela decimonónica á modernista, xa ten a súa edición Ãntegra no noso idioma. Editorial Galaxia ven de sacar do prelo a primeira tradución completa desta obra referencial da literatura contemporánea da man de catro tradutores: Eva Almazán, MarÃa Alonso Seisdedos, Antón Vialle e o tamén escritor Xavier Queipo. A edición, de 1008 páxinas, fai o número 24 da colección de Clásicos Universais desta editorial e sae á venda cun prezo de 40 euros. A novela de James Joyce publicada orixinalmente en ParÃs en 1922 pola librarÃa Shakespeare & Company é unha obra fundamental para entender a literatura moderna, especialmente da narrativa, cunha importante influencia en todos os autores posteriores. De feito en Galicia os autores reunidos na Xeración NÓS acollérona con entusiasmo facendo dela obxecto de artigos e comentarios na súa revista e mesmo Ramón Otero Pedrayo fixo unha tradución dun fragmento ao galego. A trama de Ulises desenvolvese no acontecido ao protagonista, Leopold Bloom, nun percorrido por DublÃn nun dÃa concreto, o 16 de xuño, que hoxendÃa serve de celebración na novela nesa cidade que bautizou a data como "Bloomsday".