Miguelanxo Prado e David Rubín, premios Expocómic 2013

Tirso Cons, Víctor Rivas e David Braña tamén participarán no evento

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Miguelanxo Prado e David Rubín, premios Expocómic 2013

Os Premios Expocomic, que lectores de todo o Estado escollen a coincidir con este festival madrileño, contan este ano cunha destacada presenza galega. Ardalén valeulle a Miguelanxo Prado o premio á Mellor Obra Nacional, mentres David Rubín viu recoñecido o segundo volume de El Héroe co galardón ao mellor guión. Os dous autores participan nas xornadas que comezan hoxe e se desenvolven ata o día 15 no Pavillón de Cristal.

Entre os convidados ao evento están tamén os galegos Victor Rivas Tirso Cons, que leva xa toda a semana a presentar por Madrid os seus traballos en foros como as Xornadas FNAC/SD e que conta cunha exposición de orixinais que amosa o seu traballo na serie Legión. Pola súa banda, o guionista David Braña presentará neste foro o seu último traballo, Mercury.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Miguelanxo Prado, David Braña, Víctor Rivas...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares