Hoxe pola mañá presentouse o número 126 do Cuaderno de Estudios Gallegos, publicación de periodicidade anual con edición en papel e electrónica na que se publican estudos referentes a Galicia. Entre os artigos do último número sobrancea o estudo do testamento de Pardo de Cela, recentemente descuberto, unha glosa da figura do médico Jacobo López Elizagaray e un artigo sobre lugares de función ritual na Idade do Ferro.