Doce editoras galegas participan na Feira de Guadalaxara

Fina Casalderrey e Elena Gallego acoden ao encontro mexicano como convidadas

3/12/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, México, que se celebra ata o vindeiro 8 de decembro, conta coa presenza dunha ducia de editoras galegas. OQO editora, El Patito Editorial, Nova Galicia Edicións, Editorial Galaxia, Baía Edicións, Positivas, Rodeira, MCSport, Ideas Propias e Ediciones Linteo comparten o posto que coordinan a Consellaría de Cultura e mais a Asociación Galega de Editores. Ao tempo, Kalandraka e Nova Galicia Edicións estarán presentes con stands propios no encontro. As autoras Fina Casalderrey e Elena Gallego acoden tamén ao encontro como convidadas, e participarán en diferentes encontros e iniciativas de dinamización lectora.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Fina Casalderrey, Editores, Baía Edicións...