Sesenta postos e unha grande cantidade de actividades conforman a Mostra Ensino que abriu onte no pabillón da Feira Internacional de Mostras en Ferrol. Con motivo desta feira presentouse tamén o proxecto do Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), que pretende estar rematado para o ano 2002 na capital de Galicia.
Mostra
Na mostra inaugurada onte poden verse as propostas didácticas de diferentes centros de ensino, asociacións de pais e exposicións. Deste xeito pódese ver algún dos mecanismos realizados por alumnos de formación profesional ou as actividades de plástica realizada polos de primaria. Ademais, desenvólvese toda unha serie de actividades de caracter educativo dirixidas ós escolares da comarca. AsÃ, entre o hoxe e mañá haberá concertos didácticos, representacións teatrais, xogos populares, contacontos, obrdoiros de expresión corporal, proxecións de cine e conferencias.
Mupega
No marco da Mostra Ensino presentouse unha exposición sobre o Museo Pedagóxico de Galicia. Este proxecto, actualmente constinuÃdo coma asociación e pendente de que comezen en Compostela as obras da súa sede, pretende constituir un centro museÃstico sobre a evolución da pedagoxÃa en Galicia. Este proxecto, que retoma unha iniciativa de 1926, está xa aprobado pola ConsellerÃa de Educación, e entanto non acada unha sede definitiva, desenvolve exposicións itinerantes por diferentes centros galegos. O proxecto do Mupega pretende abordar a historia da educación desde distintos puntos de vista, abarcando desde o material e as aulas ás actividades de lecer de cada época. Esta iniciativa, única entre as Comuninades Autónomas españolas, obtén a maior parte dos seus fondos de almacéns e faiados ou mediante doazóns de particulares.