Unha exposición repasa o patrimonio vencellado á Virxe da Franqueira

Magnificat pode verse na Casa das Artes de Vigo ata o vindeiro 27 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioExposicións
Compartir:
Unha exposición repasa o patrimonio vencellado á Virxe da Franqueira

Repasar os case 1.500 anos de devoción no santuario da Virxe da Franqueira, na Cañiza, é o obxectivo da exposición Magnificat. Esta iniciativa da Diócese de Tui-Vigo e mais do Concello da Cidade Olívica recolle unha ampla selección de pezas de arte sacra, ou fotografías cos que se fai un repaso das peregrinacións a este lugar. Os interesados en coñecer esta iniciativa teñen oportunidades especiais os vindeiros sábados 19 e 26, cando Andrés Fuertes e Santiago Vega, comisarios da mostra, realizarán visitas guiadas na Casa das Artes. A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro 28 e outubro.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Casa das Artes, Vigo, Tui, Cidade Olívica

Claves

Entidades