AGADIC resolve as axudas ao talento

Lois Patiño, Sandra Sánchez, Xacio Rodríguez ou Olaia Sendón son algúns dos beneficiarios

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Doce creadores beneficiaranse das axudas para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego que acaba de publicar a Axencia Galega das Industrias Culturais no seu web. En total son seis proxectos de escrita individual de guión que obtiveron cadanseus 5.000 euros e que apoiarán os traballos de Lois Patiño, Sandra Sánchez, Alberto García, Hugo Amoedo, Juan Ramón Galiñanes e Francisco Carballal. Na modalidade de curtametraxes, obtiveron cadansúa axuda de 6.000 euros Xacio Rodríguez, Xurxo González, Eloy Domínguez, Olaia Sendón, María Belén Montero e Pablo Millán para os seus novos proxectos.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Olaia Sendón, Lois Patiño, Sandra Sánchez, Eloy Domínguez...