Rinoceronte lanza o selo Sushi Books

Centrado nos máis novos, publica en galego, castelán, catalán e éuscaro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Rinoceronte lanza o selo Sushi Books

"Todo tipo de padais, de cinco a quince anos". Este é o público ao que van dirixidos os produtos de Sushi Books, o novo selo editorial de Rinoceronte Editora. A empresa que dirixe Moisés Barcia lanza unha liña que publicará en galego, castelán, catalán e éuscaro tanto títulos propios como traducións de autores internacionais. O proxecto comprende tres liñas, unha dedicada ao álbum ilustrado e outras dúas "intermedio" e "avanzado" para idades superiores. Están xa á venda Xildas Antonio Manuel Fraga Allegue e mais O poder de Amabel de Érica Esmorís, e anúncianse títulos como a serie Caídos do mapa ou o recoñecido O curioso incidente do can á media noite, de Mark Haddon, entre outros.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Fraga, Antonio Manuel Fraga, Rinoceronte Editora, Medios de comunicación