O curso 2003-2004 terá once titulacións novas, das que sete non se impartían ata o momento

Mapa con título

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Conselleiro de Educación, Celso Currás, desvelou o novo mapa de titulacións. En total, oito carreiras novas se poderán cursar en Galicia o vindeiro curso. Os novos estudios son: Documentación (só segundo ciclo) en Ferrol; enxeñería técnica en Topografía e enxeñería técnica en Transportes e Servicios Urbanos en Lugo; Turismo en Ourense; enxeñería técnica en Imaxe e Son e enxeñería Técnica en Sistemas de Telecomunicacións. A máis demandada, Comunicación Audiovisual repártese entre os tres campus: Santiago e Pontevedra con titulación compartida e en Coruña só segundo ciclo.

Máis información en La Voz de Galicia e Faro de Vigo .

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Comunicación Audiovisual, Educación, La Voz de Galicia...