A USC comezara ó vindeiro ano os estudios de Biotecnoloxía, unha titulación propia de segundo ciclo enfocada á creación dun tecido empresarial galego de novas tecnoloxías. O título, que cando menos ata o curso 2003-2004 non estará homologado polo Ministerio de Educación, quere anticiparse a unha previsión de explosión deste tipo de estudios no Estado a partir dese curso académico. A titulación terá un fondo carácter práctico e de colaboración coas empresas.
Máis información en La Voz de Galicia.
