A Coruña prepara un festival audiovisual para o outono

O concello licitou a organización do encontro cun procedemento negociado

28/8/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O centro Ágora acollerá en outubro o I Festival Coruña Films pensado para curtametraxes. Un encontro que, segundo informa hoxe La Opinión realizará a empresa madrileña Notodo Club de Selección Cultural, presidida por Alberto Fesser, ao ser a única oferta. Segundo ese medio, a licitación da actividade faise por un procedemento negociado sen publicidade e terá un importe de 71.000 euros. Desde o gabinete de prensa do concello da Coruña confirman a intención de realizar esa actividade, pero non concretan os detalles porque a organización dese encontro “está na mesa de contratación”.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Centro Ágora, La Opinión, Ágora...