O concello olívico aproba unha partida para rematar o Centro Galego de Fotografía

O proxecto, iniciado en 2009, non ten data de apertura

| Santiago. Redacción | Seccións: fotografia
Compartir:

Anunciárase en 2009 cando aínda figuraba o malestar polo feito de que o arquivo do fotógrafo vigués Ángel Llanos acabara no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Daquela, as concellarías de Cultura e Patrimonio Histórico anunciaron que en 2011 se crearía o Centro Galego de Fotografía. O centro albergaría os fondos da fotobienal e algunha colección privada. A sede foi posible grazas a un acordo entre o concello e o Consorcio Casco Vello e as obras financiáronse con cargo a unha subvención que rondou o millón de euros do Ministerio de Cultura. Con todo, eses cartos foron insuficientes e o centro leva ano e medio parado á espera de ser rematado. Con ese fin, o concello acaba de aprobar unha partida de 379.000 euros que permitiría a conclusión do proxecto, sen que precise unha data de apertura.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Museo Etnolóxico de Ribadavia, Ministerio de Cultura