A provincia de Pontevedra alberga unha gran cantidade de artistas censados nas súas terras, mais a propia capital é berce dalgunha das formacións máis pintorescas da comunidade. Para Tito Lesende, coordinador da SGAE en Galicia, Pontevedra é un dos focos de actividade musical en Galicia, tanto para concertos de gran formato como para eventos máis pequenos en salas, sendo a Sala Karma a máis referenciada.
Ademais, Lesende apunta á cidade como unha das importantes en canto á escena jazzística se refire, xa que alberga un festival dedicado a este xénero musical (Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra) e conta co Seminario Permanente de Jazz. Se isto xa marca a diferenza de Pontevedra a nivel musical, as formacións que alí naceron e que comezan a andar son todo un exemplo de innovación.
Música instrumental: Unicornibot
Unha das propostas musicais máis interesantes a nivel galego chámase Unicornibot e se autodefinen como os catro xinetes do mathrockalipsis. Esta formación opta pola ausencia de letra e prefiren a música instrumental (dentro do math rock), un estilo que, aínda non sendo novo, é minoritario, algo que agrada ós Unicornibot que apuntan: Agora parece que hai máis atención a este estilo grazas a bandas como Rosvita ou Za!. Ademais, son definidos cun curioso estilo, comedy rock, e boa proba disto son os seus concertos, enerxía, risas, decibelios e suor, en palabras de Álex Gayoso, guitarrista da formación.
O ano pasado editaron o seu segundo álbum, Dálle!, un disco que foi gravado de forma analóxica e mesmo editado en vinilo, aínda que non renegan da era dixital posto que os seus traballos están colgados na plataforma Bandcamp para a libre descarga. E é que moitas das formacións galegas emerxentes optan por esta iniciativa para dar a coñecer os seus traballos. Álbums creados baixo licenza libre que poden ser descargados ou mesmo ser comprados polo prezo que o usuario propoña.
Tora! Tora! Tora! e o Galician Bizarre
Este mesmo método é empregado por Tora! Tora! Tora! (con nome de película bélica xaponesa), outra das novas formacións pontevedresas. Levan facendo música uns tres anos, comezaron sen ningún coñecemento musical e o ruído e a súa marca de identidade. Volume alto, acoples e distorsións son cousas que teñen en común tódolos temas que facemos, comenta Alejandro Simón, guitarrista da formación. Sobre a esencia do seu primeiro EP, Santa Muerte, Yago Rodríguez, batería, apunta que foi pasalo ben, sen máis pretensións, nun traballo que ule a garage e post- punk.
Aínda así, cun corte dese traballo Crematorio, participaron na segunda edición do Galician Bizarre, unha iniciativa que eles consideran xa morta, aínda que no seu momento presentara a moitas das novas formacións galegas. Fronte a este panorama musical actual, son moitos os que defenden que a importancia desta época está por ver co tempo ou que as dificultades para abrirse camiño seguen estando presentes. Dani Lovelle, baixista de Tora! Tora! Tora!, apunta á repartición do panorama entre tres promotoras, e se non entras nese círculo é como se non existises na práctica.
A proposta audiovisual de Cro!
Esta non é unha problemática que afecte a Cro!, xa que esta formación non conta con respaldo discográfico e todo o proceso pasa polas súas mans. En palabras de David Santos, baixista do grupo: Aprendemos a producir, distribuír e promocionar as nosas composicións. Isto ten a desvantaxe de que hai que aprender un oficio e traballar máis duro, pero así sempre sabes onde vas pór o seguinte pé.
Cro! representan unha das iniciativas máis innovadores á hora de elaborar os seus directos. O cuarteto pontevedrés, que leva por nome un berro de guerra, ten a súa base na música rock (aínda que acaban mesturando todo canto xénero se lles cruce, dende clásica ata jazz) a cal ofrecen xunto con material audiovisual: vídeos que van en tempo real ca música e que son un complemento ó seu son, coa presenza en tódolos concertos dun Vídeo DJ. Quizais fóra de Galicia están mais acostumados á música que facemos aínda que un comentario habitual en todas partes é "Por fin alguén facendo algo novo!, apuntan dende Cro!
Asociacións sen ánimo de lucro: Liceo Mutante
Esta banda participou na fundación do colectivo Metamovida, no que se integran formacións de toda a provincia, e que lles dá a oportunidade de poder tocar na Orquesta de Improvisación, a que supuxo o comezo dunha asociación que ten a súa homónima na cidade de Pontevedra co Liceo Mutante. Esta é a unha asociación cultural sen ánimo de lucro autoxestionada e onde se ofrece unha axenda cultural diferente á das canles habituais, explica Álex Gayoso de Unicornibot, quen apunta ó acoso que está sufrindo agora mesmo esta iniciativa por parte de entes oficiais e á loita das formacións pontevedresas polo mantemento dun colectivo que aposta pola música local.