Tras 552 dÃas pechados o emblemático local de Pontevedra Sala Karma volverá este sábado á actividade cultural que lle é propia: os concertos. O espazo situado na rúa Marqués de Riestra da capital provincial acollerá dúas bandas cos seus directos a partires das 22 horas: Thee Blind Crows e mascada. As condicións para esta volta á actividade tras máis de ano e medio pechados inclúen unha capacidade de público do 50 por cento (80 persoas) e ademais a obrigatoriedade da asistencia sentados e con máscara en todo momento, pero aÃnda asà a volta á actividade é un fito que sabe a reinauguración. O responsable da sala, Marcos Rivas, declarou ao dixital Pontevedra Viva que o festival Surfing The Lerez, do que é organizador, non se levará xa a cabo este ano e terá que agardar ata o vindeiro 2022 para ver unha nova edición.