Pontevedra prepara novas edicións do Galegote Rock e de Surfing the Lérez

O Festival da Illa das Esculturas amplíase a dous días de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Pontevedra prepara novas edicións do Galegote Rock e de Surfing the Lérez

Narf, Caxade, Os Amigos dos Músicos, Leo I Arremecághona, Superoito ou os portugueses The Bird Are Indie e A Jigsaw son algúns dos nomes que visitarán Pontevedra para a cuarta edición do Galegote Rock. Diferentes locais da cidade acollerán entre o 13 e o 16 de maio os concertos deste festival que se centra na música na nosa lingua. En paralelo, medra o alcance do Surfing the Lérez, que pasará a durar dous días. Os días 17 e 18 de xuño a Illa das Esculturas acollerá as actuacións de Igloo, Jhonander, The Phantom Dragsters, Agoraphobia, Novedades Carminha, Querido Extraño, Thee Blind Crows ou Samesugas entre outros.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Surfing the Lérez, Pontevedra, Caxade...