A súa primeira aparición pública foi na gala de entrega dos premios María Casares. O director de Agadic, Jacobo Sutil, sabía que se falaría da súa figura pero recoñece que lle sorprendeu que fose o protagonista dos dez primeiros minutos da gran festa do teatro. Saíu de alí coa intención de ver todos os espectáculos premiados pero non puido. Descubriu en carne propia os problemas de distribución e exhibición da cultura galega. E converteunos, xunto coa internacionalización, nas súas prioridades á fronte da Axencia. Conversamos con Jacobo Sutil, sobre a xestión cultural e as políticas públicas para artes escénicas, danza e música. Mañá, publicamos a segunda entrega da entrevista centrada no sector audiovisual.
Comezamos pola xestión, tendo en conta o seu perfil de xestor, como estaba a Axencia Galega das Industrias Culturais cando toma posesión do seu posto?
A nivel de xestión é moi importante a relación da administración cos administrados. Neste caso concreto, no momento que chego constato que levaban tempo sen unha persoa á que dirixirse e que non tiñan un referente co que intercambiar opinión, contar os problemas na procura dunha solución. E iso foi o primeiro que fixen, entrevistarme con todo o mundo e neste tempo levo máis de 120 reunións. Iso a nivel externo pero tamén a nivel interno. O persoal da Agadic necesitaba unha persoa que dirixira os esforzos a quen dirixirse. Aspectos internos e externos que necesitaban unha cabeza. E foi o que tentei facer desde o principio.
A nivel interno había decisións que había que tomar, pendentes dunha sinatura para o funcionamento da axencia pero a nivel externo, logo desas reunións ¿atrévese a facer unha fotografía de como ve o sector cultural?
Digo a cifra das xuntanzas por evidenciar esa necesidade de dialogar co sector. Pero non só ao principio porque o meu compromiso é manter esa liña de diálogo durante todo o tempo que dirixa a Axencia, e porque me parece fundamental. Os que coñecen os problemas son os que viven o día a día e nós, a Administración, temos que instrumentar políticas para tratar de solucionalas. Con respecto á fotografía do sector cultural, hai cousas específicas para cada parte. Na banda do audiovisual temos o problema do acceso ao financiamento que é moi complicado para producións dun certo nivel. É certo que coa crise hai un descenso de público que se lle suma ao problema de visibilidade. Haberá que facer produtos non só para Galicia. Pola banda das artes escénicas o problema, desde o meu punto de vista, e para iso tentamos o acordo coa TVG para que a axenda escénica sexa coñecido e a xente saiba e vise con normalidade que no seu pobo había teatro. Tamén hai un problema de público nas artes escénicas e estamos con campañas de formación e programas específicos para nenos para que vaian ao teatro. No ámbito da música senten que se lle presta menos atención e, con eles, imos revitalizar na rede a marca de Galician tunes a través dun portal. Algo común a todos é a falta de visibilidade que hai que atallar
¿Como ve o sector cultural un xestor como é Jacobo Sutil?
Tratarei de fomentar a internacionalización das nosas empresas. É importante gañar público fóra de Galicia e por iso procurarei reservar cartos para poder saír fóra. O programa Troco por troco (programa de intercambio escénico con Portugal impulsado desde o Centro Dramático Galego) é un exemplo porque a lusofonía é un mercado natural. Na parte musical apoiaremos a asistencia ao Womex en Cardiff. É importante que as nosas empresas exporten porque temos unha cultura moi exportable. Fóra de Galicia a nosa cultura gusta moito e temos que telo moi claro. Ademais, tamén é certo que hai xente capaz de facer produtos culturais moi vendibles.
¿Había débedas co sector no momento no que chega á Agadic?
Había débedas pero creo que entra dentro do normal de apertura do orzamento do ano seguinte e supoño que tamén apurado polo tempo que a Axencia estivo sen director. A día de hoxe está un ritmo normal de pagamento e tampouco escoito queixas nese sentido.
Con respecto ao seu nomeamento, ¿esperaba as críticas ou agardaba un voto de confianza?
No momento do meu nomeamento sorprendeume a reacción pero entendo que non é nada persoal, pola importancia do posto e o descoñecemento da miña figura. Non me doeu nada, teño o apoio da consellaría e da xente coa que traballo e agora teño que demostrar que se está a facer un traballo e que é útil para as necesidades da xente.
¿Déronlle algunha indicación e recomendación?
Recomendáronme traballo, traballo e traballo.
Pasamos ao sector das artes escénicas ¿para este ano 2013 haberá axuda a produción de espectáculos?
Haberá pero estamos pendentes de pechar os importes.
Falando de axudas, anunciou o Parlamento que se estaban a revisar as bases
Durante o cuarto trimestre do ano, sentareime estudarei propostas e verei como o quere enfocar o sector. As de produción de artes escénicas neste 2013 cambiaránse pouco, pero si que a miña intención é sentarme coa plataforma para o ano que vén e ver de introducir cambios. Hai que estar readaptándose.
NO CUARTO TRIMESTRE DO ANO, VEREMOS PROPOSTAS CO SECTOR DE CARA A CAMBIAR AR AS SUBVENCIÓNS ESCÉNICAS PARA 2014
¿Os cambios virán no deseño no modelo de aspectos subvencionables ou nas bases?
Unha das miñas primeiras aparicións foi a asistencia aos premios María Casares. Cando voltei dixen que quería ver os premiados. A miña sorpresa foi que non podía. Nin de Voadora nin de Elefante Elegante, por exemplo, e vin que teñen poucas funcións e por iso haberá axudas a distribución. A distribución e a exhibición será claves, pero haberá que ver como se concreta a fórmula.
Xa que falamos de distribución ¿vaise recuperar a Feira Galega das Artes Escénicas?
Si, pero estamos a ver a fórmula de como facelo. Tivemos unha xuntanza cos programadores a propósito das redes e vimos que están moi interesados. Unha vez asinada toda a documentación, pechadas as súas seleccións, a idea é sentarnos con eles e coas compañías ver unha fórmula. É unha reclamación e unha necesidade pero hai que revisar o formato. Antes a administración pagaba todo e nese sentido ten que haber cambios, xa que aquí hai máis participantes: hai alguén quere vender e outros quere comprar. Non pode ser que a administración se ocupe de todo.
Estades a ver outros modelos e outras experiencias fóra que funcionan?
O modelo de compañía residente que funciona noutros países. É un modelo que o vexo interesante no sentido de achegar algo máis ao concello. Unha compañía que achegue vía cultural ao concello. Teremos que ver con calma a forma de facelo porque o peso o ten que recaer no concello.
En todo caso, ¿iso podería estar concretado nun novo Plan Galego das Artes Escénicas?
Nós temos nos nosos estatutos un Plan Plurianual de Xestión e é o que temos que desenvolver. E todo isto en colaboración co sector, non se pode facer desde a Administración de xeito unilateral. Este documento de xestión inclúe os apoios explícitos ao sector, unhas bases de saída, o seu desenvolvemento e todo isto falándoo co sector, vendo de onde partimos pero sempre falando co sector.
NON HABERÁ UN PLAN GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS, SENÓN UN PLAN PLURIANIAL DE XESTIÓN PARA TODOS OS SECTORES DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
O outro día aparecía na prensa que saía o Centro de Documentación Teatral, ¿en que se concreta?¿suporá gasto orzamentario?
Este é un programa plurianual. Comezamos coa recuperación, compilacións e clasificación de materiais. A parte de exhibición a público, que a xente poida recuperar a nosa tradición cultural e musical. Con respecto ao orzamento, temos que facer máis con menos.
¿Ese centro, como se encaixa nos estatutos de Agadic? ¿Sería necesario cambialos?
Non imos cambiar o estatutos para isto. Estará situado na biblioteca da Cidade da Cultura e como é un traballo moi laborioso non podemos aventurar datas. A primeira fase levaría un ano aproximadamente, para 2014, porque estamos falando de compilación de milleiros de documentos. A nosa intención é abrilo á sociedade, destinatario último, para todos os que queiran consultar o fondo bibliográfico das artes escénicas e musicáis. O proxecto conga co apoio e coa colaboración do Centro Dramático Galego e o Centro Coreográfico Galego.
¿Implica crear o museo do teatro galego co material que está na nave de Agadic?
Non, non. Estamos a facer o inventario de todos os traxes, atrezzos e material escénico pero é un material que se utiliza para préstamos, aínda que é moi vistoso, non se converterá nun museo.
Con respecto a danza, retómase o proxecto da sede do Centro Coreográfico Galego?
Non é o momento de falar dunha nova sede, nin de cambiar de espazo. O Centro Coreográfico Galego seguirá na Coruña e nas miñas visitas, as zonas do ensaio véxoas axeitadas ás súas necesidades.
A diferenza do que acontece noutros sectores, unha compañía de danza necesita un corpo de bailaríns estable para poder ensaiar e afrontar a produción ¿Haberá un corpo de bailaríns para o CCG?
En novembro haberán audicións para a contratación dos bailaríns da temporada que vén. Faise un contrato ano a ano, a través de audicións e será de tipo artístico. Non é só para unha produción senón para varias. É certo que a danza non é comparable ás artes escénicas, pero ese é o modelo de contratación que permite a administración.
EN NOVEMBRO HABERÁ AUDICIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DOS BAILARÍNS DA VINDEIRA TEMPORADA DO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO
Ten manifestado que o Crebanoces é un exemplo da liña de traballo a seguir ¿en que sentido?
Desde o meu nomeamento, foi un dos primeiros proxectos que coñecía e encantoume a filosofía de proxecto. Temos que pensar que a media de idade que vai ao público á danza clásica é de 50 anos. No Crebanoces a media era de 15 anos, ían nais pais e compañeiros... foi un proxecto precioso e son as cousas que nós como administración temos que fomentar.
Pero necesítase unha continuidade para que ese público non se perda
Seguiremos facendo proxectos nese sentido implicando a xente nova co obxectivo de conseguir público para o futuro. Hai que facer produtos interesantes e parte do que se fará en 2014 terá que ver con esta liña. É unha política que imos desenvolver e temos que facer chegar a danza clásica á sociedade.
¿E a contemporánea? Durante a época de creación do Centro Coreográfico conseguíronse aliados fóra moi destacados con programas que non tiveron continuidade ¿Que se fará nesta vía?
Aínda non está planificado todo o ano 2014 pero tentaremos dar cabida á danza contemporánea.
¿Haberá axuda a coprodución de artistas de danza ?
Fomentaremos as colaboracións co sector privado pero mantendo o control e a calidade. Este outubro imos estrear Cantares Gallegos e a idea é facer unha coprodución coa empresa privada. Para 2014 haberá produción propia e algunha coprodución a maiores.
Seguimos con música, apuntou no Parlamento a necesidade de reforzar a marca Galician tunes?
Esta é a marca. Con ela o primeiro que imos facer é reforzar a presenza na rede. Coas miñas conversas co sector musical foi constatar a utilidade da web e da marca e estamos nun proxecto con AGEM para potencialo. O obxectivo é que lles serva de plataforma para as nosas empresas musicais para conseguir contratos.
O OBXECTIVO DE GALICIAN TUNES É QUE LLES SERVA DE PLATAFORMA PARA AS NOSAS EMPRESAS MUSICAIS PARA CONSEGUIR CONTRATOS
E dentro desas política está a presenza en Womex?
Neste 2013 iremos a Cardiff, e asisten con axuda de Agadic varias empresas que se concretan nas axudas a distribución que sacaremos. Dentro delas haberá unha parte de asistencia a feiras, nas que se inclúe o Womex. Parécenos fundamental que antes de que celebremos o 2014 aproveitar a oportunidade de ter un protagonismo especial.