A Xunta asumirá a titularidade das instalacións Museo do Mar

Fai parte dos organismos do goberno central que cambian de titularidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A Comisión para a Reforma das Administracións Públicas (CORA) elaborou unha listaxe de organismos que se suprimen, fusionan ou cambian de titularidade de cara a adelgazar a Administración pública central. Entre todos eles destaca a Fundación Museo do Mar de Galicia que cambia de titularidade. Segundo una nota remitida pola Consellaría de Cultura a fundación, así como as instalación do Museo do Mar en Vigo deixarán de ter a consideración pública estatal para pasar a depender da Xunta. Iso implica que, unha vez que se formalice o traspaso, a consellaría de Cultura será titular dos edificios e instalacións. A dia de hoxe a xestión xa estaba asumida pola administración autonómica.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Goberno Central, Museo do Mar de Galicia, Vigo

Claves

Lugares