Google Drive incorpora o galego

O bUSCatermos estrea aplicación para teléfonos con Android

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O servizo de almacenamento en liña de Google, o Drive, acaba de incorporar o galego como lingua para os seus usuarios. A ferramenta sumou onte a nosa lingua ás súas opcións canda a outras 17 como euskera, o swahili ou o irlandés, e permite, entre outras posibilidades, dispor dun corrector ortográfico en cada unha delas. De xeito paralelo, da man da Universidade de Santiago, acaba de se publicar a versión para Android do bUSCatermos. Esta base de datos terminolóxica permite localizar máis de 150.000 termos técnicos en galego, castelán, portugués, inglés, francés ou catalán, achegando definicións, traducións e as fontes da información presentada.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Google, Portugués, Lingua galega