Nace Troco por troco, un circuito de intercambio escénico entre Galicia e Portugal

Oito compañías e oitos espazos,a metade galegos, fan parte do proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escémicas
Compartir:

Non é só un intercambio de compañías e de espazos entre Galicia e Portugal, senón que pretende ser un circuito escénico que afaga tamén aos espectadores e cree un público estable. Con ese obxectivo presentábase hoxe ao público Troco por troco, unha proposta de intercambio que susbcriben, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e do Centro Dramático Galego (CDG), a Cena Lusófona – Associação Portuguesa para o Intercâmbio Teatral. Catro espazos galegos e catro portugueses e outras tantas compañías de ambas as dúas beiras do Miño conforman este programa que nace con vocación de continuidade. Non se crearán espectáculos específicos para estas propostas, senón que as compañías que fan parte deste proxecto ofrecerán os seus últimos traballos.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Educación, Axencia Galega das Industrias Culturais, Consellería de Cultura...