O Furancho de Arte Contemporánea bota o fecho

Os seus responsables organizan para o vindeiro 21 de xuño un evento de despedida

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O vindeiro 21 de xuño bota o fecho un dos proxectos máis anovadores do panorama expositivo galego. Logo dun ano e tres meses de traballo o Furancho de Arte Contemporánea FAC Peregrina clausúrase de xeito definitivo, "coa profunda satisfacción de ver os seus obxectivos cumpridos e a tranquilidade de haber exercido a súa responsablidade para coa construcción colectiva de coñecemento que é a Arte", segundo explican o seus promotores.

Para marchar con alegría, este espazo organiza a partir das 12 da mañá do seu último día o evento FAC ALL, que inclúe un xantar popular, photocall, sesións de picadiscos e concertos e que se celebrará nas instalacións deste espazo nas aforas de Compostela.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

A arte de figurar

A arte de figurar

Un proxecto expositivo e editorial recorre a historia da arte figurativa en Galicia

Quiosco: Plétora 0

Quiosco: Plétora 0

Xa está na rede a primeira entrega desta publicación sobre arte

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago de Compostela

Claves