Tres exposicións, tres publicacións e unha única intencionalidade: facer unha análise da arte figurativa no noso país. A idea última chámase Afluentes e divide esta investigación en tres etapas, marcadas por outras tantas datas que supuxeron cambios na forma na que os artistas representaron a realidade. Agora, cando atravesa o ecuador deste proxecto, que se culminará en xuño deste ano, revisamos os seus nomes e características.
Vaia por diante que é unha investigación feita por un grupo de comisarios e, polo tanto, hai nomes inamovibles, pero outros que están polo noso punto de vista que se fixeran outros habería outros nomes explica Ángel Calvo (Lalín, 1984). É un dos comisarios dun proxecto que nace coa intención de poñer de actualidade obras que foron moi importantes para o desenvolvemento da figuración en Galicia ao tempo de reivindicar ese período no que houbo un cambio na arte substancial. Queda claro que Afluentes é unha investigación que se materializa nun proxecto editorial con tres publicacións e outras tantas exposicións, todas elas con entidade suficiente por separado pero que fan parte do mesmo proxecto. Unha por cada unha das etapas nas que se divide esta revisión histórica. As publicacións non son catálogos da exposición, de reflexo do que houbo na mostra, senón que é unha análise detallada de cada un deses artistas explica Ángel Calvo. David Barro é o comisario editorial, mentres que José Luis Estévez, Mónica Maneiro, Violeta Janeiro e o propio Ángel Calvo son os das exposicións.
O proxecto arrincou hai uns meses, coa primeira das mostras, Afluentes 68, que recollía os inicios da figuración. Foi na sede da Fundación Torrente Ballester, unha das entidades colaboradoras que, xunto coa Obra social NovagaliciaBanco, levarán as exposicións por toda Galicia. Para Calvo, a nosa intención é que estea nas sete principais ciudades de Galicia máis Ferrol. A mostra pode verse estes días en Lugo.
Afluentes 68
Afluentes toma como punto de partida un ano clave: 1968. A elección non é gratuíta porque serve para contextualizar o que acontecerá ao longo dos anos setenta: a primavera de Praga, o maio de París ou a guerra de Vietnam que anunciaba tempos axitados, pero será no terreo expreso da arte o que xustifique esta decisión, en tanto que se trata dun momento que se suma a ese estado enérxico reclamando a demolición dunhas barreiras que delimitaban a aceptación ou consideración do concepto arte e, nese sentido, a caída de ditaduras como a da pintura ou da escultura xustifica Calvo que recoñece que todos eses movementos (Arte Povera, Land Art, a pintura neo-expresionista, o Body-Art ou arte conceptual) chegaron a Galicia pero ben máis tarde.
Esta primeira parte inclúe 42 obras que reúne aqueles primeiros garabatos de transición -ata un estilo propio- de artistas como Carlos Alcolea, Tino Grandío, Rafael Baixeras, Jorge Castillo, Alberto Datas, Francisco Mantecón, Acisclo Manzano ou Manuel Moldes e, no medio, presenza de mulleres como Elena gago que agroman o papel da muller no mundo da arte. Apunta Ángel Calvo que a relación que estas xeracións de creadores tiñan con Galicia foi moi diferentes. Para nomes como Alcolea, por exemplo, ten de galego o feito de ter nacio aquí, para outros como Tino Grandío, pertencer aquí foi un lastre para a proxección internacional.
Alfuentes 80
A segunda das exposicións é a que está estes días abertas as súas portas (ata o 31 de marzo. Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo). Foi nos oitenta porque é o momento que arrinca a xeración de Atlántica, outros nomes e que vai ata o 94 porque é a apertura real do Centro Galego de Arte Contemporánea. Aquí fíxose unha separación, porque en moitas exposición Moldes e Lamazares fan parte de Atlántica, pero nós entendemos que estes xa estaban en Madrid antes que se fixeran parte as exposición.
Nesta exposición hai nomes como o de Menchu Lamas, Antón Patiño, Francisco Leiro xunto outros como Armindo Salgueiro ou Aymerich que son da última etapa explica Calvo. Son as obras máis representativas do artista, pretende sacar pezas das coleccións(Novacaixagalicia, particulares, o Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, a Fundación María José Jove ou as coleccións dos propios artistas) que evidencian "esa necesidade dos oitenta de romper co pasado en moitos sentidos". Un enfoque internacionalista que manivo trazas de "enxebrismo" nunha lectura que mesturou o innovador co tradicional.
Afluentes 94
É a tercera parte do proxecto, a que se centra nos nomes máis novos e recentes da creación e aínda está en proceso. O seu punto de partida é 1994 por un dobre motivo. O primeiro porque é a inauguración efectiva do Centro Galego de Arte Contemporánea, que nos permitiu ver exposición de xente de primeiro nivel en Galicia, sen ter que desprazarnos, apunta Calvo. Pero tamén foi a data da saída da primeira promoción formada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Non temos moi claro os nomes concretos, pero seguro que estarán Vicente Blanco, Almudena Fernández ou Álvaro Negro apunta Calvo que explica que é posible que haxa produción de obra a propósito para esta exposición. A súa data será xuño e con ela, poñerase punto e final a un proxecto que serviu para ver a evolución da arte figurativa no noso país.

Os Afluentes
Rafael Baixeras, Nidos de espuma, 1985, óleo sobre tea, 147×115 cm, colección Novacaixagalicia
Acisclo Manzano, Amores Vesánicos, 1970, terracota, 32×37×35 cm, colección Novacaixagalicia
Tino Grandío, Crucifixión, 1968, óleo sobre lenzo, 50×61 cm, colección Fundación María José Jove
Menchu Lamas. Abstracto, 1985
Mixta sobre tea 195 x 130 cm Cortesía: Colección Novacaixagalicia
Roberto González Fernández. Holyrood XXIII, 1992
Óleo/tela sobre taboa 42 x 200 cm Cortesía: Colección Novacaixagalicia
Xesús Vázquez. La Somne, 1992
Acrílico sobre tea/seda 250 x 234,50 cm