Grapo Grapo leva de volta a autoedición a Pontevedra

O Liceo Mutante convoca as súas segundas xornadas centradas nesta forma de expresión

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Grapo Grapo leva de volta a autoedición a Pontevedra

Logo do éxito da primeira xeira, e tal e como prometera, a asociación Liceo Mutante convocou para os días 21 e 22 deste mes a segunda edición das Xornadas Mutantes de Autoedición. As Grapo Grapo desenvolveranse os días 21 e 22 en Pontevedra e teñen confirmada xa a presenza dunha trintena de iniciativas de autoedición de fanzines, comics, discos, serigrafías ou outros soportes, entre as que se pode atopar unha moi nutrida presenza de iniciativas galegas. Os asistentes poderán adquirir exemplares destas obras nun programa que se completará con presentacións, música e outras actividades.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A arte subterránea

A arte subterránea

As xornadas Grapa Grapa revelan as iniciativas de autoedición que se desenvolven no noso país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra

Claves

Lugares