Arrinca o I Festival de Cine e TV Camiño de Santiago

Primavera de cine premia, entre outros, a longametraxe O segredo da Frouxeira

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Un encontro con Manuel Pérez e Carles Vidal, director e guionista da película Frontera, marca o inicio do I Festival de Cine e TV Camiño de Santiago. Unha cita que chega ao calendario co obxectivo de ser un referente no cine español e que no seu debú conta con 25 titulos repartidos ao longo dunha semana de proxeccións. Con orientación e temática diferentes, esta fin de semana acabou a segunda edición do certame Primavera de Cine que premiou a longametraxe O segredo da Frouxeira de Xosé Abad; o videoclip de Juan Salgueiro Oxytocin, o filme infantil A casa da luz de Carlos Amil; e a curta documental El desorden de los sentidos, de Alejandro Salgado. Os realizadores galardonados recolleron a "cámara de cine" deseñada por Reciclaje Artístico da man de Uxía Blanco, Manuel Manquiña, Jorge Coira e o cantante Eladio Santos, de Eladio y los Seres Queridos.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Camiño de Santiago, Xosé Abad, Jorge Coira...