As irmáns Albert-Sobrino dan o salto á longametraxe con A historia dun satélite

É unha comedia negra con tintes cómicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Sonia e Miriam Albert Sobrino, as “Also Sisters”, son dúas estudantes de mestrado da Universidade de Utah que están a realizar a súa primeira longametraxe. Unha produción de imaxe real que servirá ademais, de traballo de fin de carreira baixo o asesoramento de Sterling Van Wagenen. Rodarase en Galicia este verán e están a realizar un crowfunding para financiar o proxecto. A historia dun satélite, Rafael, e a Nai que o pariu é o título dunha comedia negra con tintes de humor que se centra na figura dun enterrador galego cuxo pai morreu aplastado por un satélite. As irmáns Albert-Sobrino foron finalistas nesta edición dos Mestre Mateo por As vacacións do verdugo protagonizado por Alfonso Míguez e Susana Sampedro.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Comedia, Humor

Claves

Conceptos