As televisión públicas galega e portuguesa intercambiarán contidos

O convenio busca coproducir e desenvolver proxectos de xeito conxunto

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Un convenio entre a CRTVG e a RTP (Radio televisión portuguesa) facilitará o intercambio de producións audiovisuais entre ambas cadeas. O convenio fai referencia a programas de interese cultural ou histórico, musicais ou informativos, así como ten a intencionalidade de aumentar a participación respectiva en coproducións audiovisuais e desenvolver novos proxectos conxuntos e compartir experiencias de interese a ambas televisións. O convenio ten unha duración de dous anos e para a súa execución a TVG e a RTP designarán unha comisión mixta, integrada por tres representantes de cada parte. Non é a primeira vez que ambas cadeas públicas traballan conxuntamente, xa que hai en 2007 ambos medios coproduciron a gala televisiva de homenaxe ao Zeca Afonso que retransmitiu a TVG baixo o nome Sempre Abril.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Zeca Afonso, CRTVG, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)