As televisións públicas de Galicia e Portugal acordan intensificar as súas relacións

CRTVG-RTP

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Existen lazos culturais e unha intensa relación de veciñanza entre Galicia e Portugal. Por iso, o director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, e o vicepresidente do Consello de Administración da Radio Televisión Portuguesa (RTP) asinaron un convenio para abrir vías de colaboración. Isto implica coproducir proxectos audiovisuais conxuntos, intercambiar programas de cada unha das dúas cadeas e informarse mutuamente sobre as producións de cada entidade co fin de mercar os seus dereitos. Para conseguir eses obxectivos, que teñen unha duración de dous anos, crearán unha comisión mixta (tres representantes de cada entidade).

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, CRTVG, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)