Tirso Cons asina por unha nova serie en Francia

Les Traqueurs publicarase en Glènat con guión de David Muñoz

Ex-libris promocional de <i>Les Traqueurs</i>
Ex-libris promocional de Les Traqueurs
O debuxante pontevedrés Tirso Cons continúa a súa carreira na banda deseñada francesa. Segundo acaba de confirmar, asinou coa editorial Glènat para debuxar Les Traqueurs, unha serie na que contará con guión de David Muñoz sobre unha historia do propio Cons. O proxecto, aínda sen un número concreto de volumes, é unha historia de aventuras ambientada no século XVII e publicarase a finais de 2014 ou comezos de 2015. Ao tempo, Cons anuncia para 2015 un álbum que realizará sobre un guión de Sylvain Rungberg para editora gala Delcourt.