O conselleiro de Cultura inicia unha viaxe de traballo a Bos Aires

Reunirase con axentes políticos, culturais e sociais da capital bonaerense

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Ata o vindeiro luns, Xesús Vázquez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estará de viaxe de traballo en Bos Aires (Arxentina). Unha viaxe na que, segundo nota da consellaría, estará “centrado na promoción do idioma, a extensión cultura e o traballo a prol das industrias culturais galegas”. Entre as actividades previstas na súa axenda figura a sinatura de dous convenios coa Fundación da Universidade de Belgrano e coa Universidade de Bos Aires, relativos ao estudo do galego e a programación de actividades de extensión cultural. Ademais, visitará centros e institucións culturais e educativas de gran relevancia para a comunidade galega residente na capital bonaerense como o Museo da Emigración Galega na Arxentina, a Fundación Galicia América ou o Centro Galicia, así como xuntanzas con responsables da Federación Unión de Sociedades Gallegas.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bos Aires, Arxentina, Xesús Vázquez, Educación...

Claves

Protagonistas