Galicia presente en tres títulos na décima edición do Documenta Madrid

As silenciadas participa no festival en liña Humanity Explored

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Na sección panorama desta edición de Documenta Madrid hai tres títulos relativos a Galicia. Da banda das longametraxe está Fóra (Xan Gómez e Pablo Cayuela) e Avión, o pobo ausente. Da outra, na das curtametraxes figura A Conserveira (David Batlle) . A cita arrinca este domingo na capital madrileña e repartirá 25.000 euros en premios entre longametraxes e curtametraxes, os premios do xurado e do público. Noutro certame, no Humanity Explored que se desenvolve en liña hai tamén un traballo galego. Trátase de As silenciadas, un documental de Pablo Ces con guión de Aurora Marco que recolle a loita das mulleres contra a represión franquista.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Documental, Guión, Mulleres...