Máis dunha ducia de personaxes que batallan nun único corpo. Gustavo Pernas fai un exercicio de interpretación ao poñerse na pel do único actor dunha obra Snakizados que el mesmo escribiu e que lle valeu o premio Maruxa Villanueva. A última obra de Ancora Producións, en palabras de Gustavo, é a fábula dun ser que nace despois da hecatombe e que se move nese dilema hamletiano de ser ou non ser. A obra, continúa por xira en Galicia despois do seu paso en Santiago.
Se en Colgados falabamos do home que se ofrecía para salvar á humanidade porque era un home que se colgaba profesionalmente, en Pisados era o mito de Casandra que agoiraba o futuro e non lle facia caso, aquí son os anacos esfarelados e o monte de lixo dun ser que se debate sobre nacer ou non nacer Ánxela Abalo explicaba deste xeito a evolución destra triloxía na que Ancora Producións leva anos traballando. Con todo, inciden no feito de que son espectáculos independentes, que teñen sentido de se usen necesidade de ver os tres para entendelo.
Nesta ocasión, recorren a unha posta de escena e a elementos multimedia que teñen un peso destacado. Para iso contaron coa participación de Olaia Sendón, videocreadora, documentalista e fotógrafa, que elabora o audiovisual que se pode ver no espectáculo.